INFORMACION DO PROXECTO

Galeuropa é un programa subvencionado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo para a realización de prácticas laborais non remunerada en países da Unión Europea para mocidade de 18 a 29 anos inscrita no programa nacional de Garantía Xuvenil.

Os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas participan neste programa co proxecto GALEUROPA-COSTA DA MORTE no que poderán participar 25 mozos e mozas destes concellos. A mocidade participante poderá realizar prácticas laboráis non remunerada de 2 meses e 7 días en empresas relacionadas coa súa formación e experiencia laboral de Italia, Portugal e Reino Unido correndo a cargo do programa a viaxe, aloxamento e estancia na cidade das prácticas. Ademáis contará con 30 horas certificadas de apoio lingüístico.

A finalidade do programa de mobilidade transnacional xuvenil é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.

Co programa téntase dotar á mocidade de coñecementos máis xerais, e non só das habilidades propias da súa titulación: perséguese que coñezan o funcionamento do mundo empresarial internacional e, á súa vez, o dominio de idiomas estranxeiros, neste caso o portugués, italiano e inglés.

Requisitos dos/as participantes nas mobilidades:

1. Deberán ter entre 18 e 29 anos e estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

2. Deberán ter menos de 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir os seguintes:

a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

Estes requisitos, deberanse posuir con referencia ao derradeiro día do prazo de presentación de solicitude e gozar dos mesmos durante o proceso selectivo.

O prazo de inscrición REMATARÁ O DIA 9 DE AGOSTO DE 2016.

As solicitudes presentaranse na ficha de inscrición oficial nos Rexistros Xerais en calquera dos concellos promotores (Camariñas, Carnota, Mazaricos, Dumbría, Muxía, Vimianzo e Zas) en horas de oficina e ata o 9 de agosto de 2016 acompañando a seguinte documentación:

  • Ficha de inscrición
  • NIF
  • Tarxeta da Seguridade Social
  • Curriculum Vitae, preferentemente no modelo Europass e no idioma do pais elixido. Descarga en http.//europass.cedefop.europa.eu.
  • Certificado ou xustificante do Rexistro de Garantía Xuvenil de Galicia. No caso de quedar seleccionado/a, deberá presentar un novo antes da viaxe.
  • Xustificantes de méritos alegados no Curriculum Vitae
  • Tarxeta de demanda de emprego
  • Certificado de coñecemento de idiomas (no seu caso)
  • Certificado de recoñecemento de minusvalía, no seu caso
  • Xustificante de ser vítima de violencia de xénero ou ser fillo/a dunha persoa nesta situación, no seu caso

Máis información, bases e ficha de inscricións en:
onosofuturo@camarinas.net e http://www.camarinas.net
https://onosofuturo.wordpress.com/galeuropa-costa-da-morte/

  • CONCELLO DE CAMARIÑAS
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981737004
  • CONCELLO DE MAZARICOS
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 867 104
  • CONCELLO DE CARNOTA
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 857 032
  • CONCELLO DE MUXIA
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 742 001
  • T. CONCELLO DE DUMBRIA
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 744 001
  • CONCELLO DE VIMIANZO
    Departamento de Promoción Económica – Tfno 981 716 001
  • CONCELLO DE ZAS
    Axencia de desenvolvemento local – Tfno 981 708 303

One thought on “INFORMACION DO PROXECTO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.