·GALEUROPA·
PROXECTO de MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL
Costa da Morte 2016
Os concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas participan neste programa co proxecto GALEUROPA-COSTA DA MORTE no que poderán participar 25 mozos e mozas destes concellos. A mocidade participante poderá realizar prácticas laboráis non remunerada de 2 meses e 7 días en empresas de Italia, Portugal e Reino Unido correndo a cargo do programa a viaxe, aloxamento e estancia na cidade das prácticas. Ademáis contará con 24 horas mínimo certificadas de apoio lingüístico.
Obxectivo e características do proxecto
Os concellos participantes neste proxecto conta na actualidade con máis de 100 persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil. As características deste colectivo mostra básicamente dous perfís de mocidade:
- Un colectivo de estudos ata a educación secundaria obrigatoria carente de experiencia profesional e contactos co mercado laboral e sen coñecementos de idiomas extranxeiros.
- Outro colectivo con titulación en ciclos formativos profesionais e/ou universitarios con coñecementos básicos de inglés e interese por adquirir prácticas profesionais que melloren as súas competencias profesionais e en linguas estranxeiras.
Os países europeos que serán destiños das mobilidades para a mocidade da Costa da Morte:
- Italia e Portugal. Paises que pola súa proximidade e relación con Galicia presentan maior facilidade para a adaptación da nosa mocidade á súa realidade sociocultural, laboral e lingüística e que se perfila como un destiño adaptado a persoas con coñecemento lingüístico centrados exclusivamente na lingua galega e castelán.
- Reino Unido. Que se configura como destiño apropiado para persoas interesadas en mellorar a súa capacitación en lingua inglesa e preferentemente teña certos coñecementos básicos neste idioma.
Os obxectivos xerais deste proxecto son:
- Mellorar e ampliar as cualificacións profesionais e ocupacionais da mocidade
- Mellorar as súas competencias interculturais
- Mellorar o dominio de linguas extranxeiras
- Desenvolvemento persoal das habilidades e competencias sociais e laborais.
- Promover intercambios e redes de colaboración transnacionais
- Reforzar a identidade europea da mocidade e divulgar o acervo da comunidade europea.
- Incentivar as actitudes positivas cara a internacionalización de sectores económicos territorias e oportunidades de emprego e autoemprego.
- Recoñecemento/validación das destrezas e coñecementos adquiridos nas mobilidades
2 thoughts on “GALEUROPA COSTA DA MORTE 2016”