PRESENTACIÓN

O proxecto Deseñando o teu futuro na Costa da Morte proporcionará ás persoas de 14 a 17 anos dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo un conxunto de actuacións programadas que aproximará a realidade socio-laboral e empresarial do contorno a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faga máis doada a transición entre escola e traballo.

Neste proxecto a alianza entre contorno familiar, escolar, empresarial e administrativo dos territorios conformarán a oferta de visitas-estadías en empresas de diferentes sectores económicos onde as persoas participantes adquiriran coñecementos e habilidades que axuden a complementar o seu desenvolvemento persoal e a súa formación. Ademais de promover o coñecemento das potencialidades endóxenas do territorio, xacementos de empregos, boas prácticas empresariais e recursos dispoñibles para o emprego e emprendemento na Costa da Morte. Impulsará a relación e integración da mocidade na vida económica empresarial dos seus propios territorios e o arraigo destas novas xeracións que poden frear o despoboamento das zonas rurais galegas e polo tanto garantir o futuro destes territorios.

Finalidade

Apoiar o proceso de orientación vocacional e profesional da mocidade entre 14 e 18 anos dos concellos participantes no proxecto conectando a dimensión social, persoal/familiar e a dimensión territorial promovendo unha transición escola-traballo con arraigo nas actividades económicas, nos xacementos de emprego e emprendemento dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo

Obxectivo

Realización de estadías-visitas non remuneradas en empresas da Costa da Morte e Galicia para adquirir competencias, habilidades e cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e a formación dos mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo.

CARACTERISTICAS E ACTIVIDADES “DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE” · 2017

  • Dirixido á mocidade entre 14 e 17 anos (requisito que debe cumprirse no momento das estadías en empresa) dos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxia e Vimianzo.
  • Proporcionará a 15 persoas formación en contidos sociolaborais para a mellora de actitudes e habilidades comunicativas e estadías en empresas de Costa da Morte.
  • Realizarán estadías en empresas de 5 días e 5,30 horas cada día. Estas actividades están becadas con 36 euros.
  • O prazo de INSCRICION está aberto ata o 26 de AGOSTO de 2017. As solicitudes deben presentarse no rexistro dos concellos participantes coa documentación que se establece na inscrición
  • O programa desenvolverase dende finais de agosto ata mediados de setembro de 2017
  • No apartado de DESCARGAS terás acceso ás solicitudes, fichas, modelos de convenios e demais procedementos.
  • Para coñecer as empresas colaboradoras fai clic neste ENLACE
  • Se queres ver a experiencia deste programa en anos anteriores fai clic no enlace corresponte:  2015, 2016
  • Se queres ver un resumo do proxecto fai clic AQUÍ
Advertisements